Campo de Lombáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°50′30″N 9°05′45″O / 42.841694444444, -9.0958611111111

Campo Municipal de Lombáns
Campo-Lombans.jpg
Campo de Lombáns antes da instalación da herba artificial
Datos
LocalizaciónLombáns s/n - San Mamede, 15293 Carnota Flag of Galicia.svg
Construción
Inauguración1969
Estadio
Superficieherba artificial
PropietarioConcello de Carnota
LocalíaUD Carnota, Pindo CF, Escola de Fútbol Prodemar, CF Lira
Eventos
Final da Copa da Costa Xuvenil 2013

O Campo Municipal de Lombáns é un campo de fútbol situado na parroquia de San Mamede de Carnota, Carnota. O seu propietario é o Concello de Carnota e nel xogan os seus partidos como locais a Unión Deportiva Carnota, o Pindo Club de Fútbol e o CF Lira, que ten o seu campo de Portocubelo clausurado por mor do mal estado do terreo de xogo[1].

Foi inaugurado en 1969 e reformado en 1997[2]. Desde 2008[3] o seu terreo de xogo é de céspede artificial. É tamén empregado pola Escola de Fútbol Prodemar; en 2013 acolleu a Final da Copa da Costa Xuvenil.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J. M. Jamardo. La Voz de Galicia (13 de xullo de 2013). "Un campo para las cabras". Consultado o 09-04-2016. 
  2. "Prodemar". Wikipedia, a enciclopedia libre. 
  3. Galicia, La Voz de. "La Diputación sufragará la realización de un inventario de bienes en Carnota". www.lavozdegalicia.es. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 2016-04-09. 
  4. Depor Sport (25 de maio de 2013). "Hoy se inicia un nuevo reinado en la Costa". Archived from the original on 23 de abril de 2016. Consultado o 09-04-2016.