Campionato da PGA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O Campionato da PGA é un torneo anual de golf creado en 1916 e organizado anualmente pola Professional Golfers Association of America que se xoga nos Estados Unidos. É un dos principais campionatos profesionais de golf, xógase case ao final da tempada, a mediados de agosto, normalmente catro semanas despois do Aberto Británico de golf. Ata 1957 xogouse segundo a fórmula do match play para pasar nesa ata a xogarse con stroke-play. Como evento forma parte do circuíto do PGA Tour, o European Tour e o Japan Golf Tour, totalizando en premios 8 millóns de dólares en 2011. Como nos outros grandes campionatos, o gañador consegue a invitación automática para xogar nos outros tres grandes que constitúen o Gran Slam de Golf (Masters de Augusta, Aberto dos Estados Unidos e o Aberto Británico) nos seguintes cinco anos, e quedan exentos de xogar a fase de cualificación do Campionato da PGA de por vida. Tamén ingresa como membro do PGA e European Tours nos seguintes cinco anos e recibe invitación para The Players Championship por cinco anos.