Saltar ao contido

Camel (banda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camel
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
 Caracterizado por
 Xénero artístico
 Lista do elemento
Obra
 Discografía
Datas
 Fundación / creación
1971 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1971 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF154461646 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000110183806 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0pqp3 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: camel.latimer Youtube: UCspmlozehtbKJznjSKU_PCQ Spotify: 3Uz6jx81OY2J5K8Z4wmy2P Apple Music: 2584590 Last fm: Camel Musicbrainz: 94b7a39b-f3cc-4796-90dd-b1786a62877e Songkick: 116727 Discogs: 140646 Allmusic: mn0000943268 Deezer: 12826 Genius: Camel Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Camel é unha banda inglesa de rock progresivo formada en Guildford, Surrey, en 1971. Liderada polo guitarrista Andrew Latimer, editaron catorce álbums de estudo e catorce sinxelos, ademais de numerosos álbums en directo e DVD. Sen acadar a popularidade masiva, a banda gañou un público de culto na década de 1970 con álbums como Mirage (1974) e The Snow Goose (1975). A principios dos anos 80 pasaron a unha dirección máis ao estilo jazz e máis comercial, pero despois pasaron a unha longa tempada inactivos. Desde 1991 a banda fíxose independente, editando discos no seu propio selo.

Camel en concerto no 2003.

A pesar de que non hai novos lanzamentos en estudo desde 2002, a banda realizou unha xira en 2018. A súa música influíu en artistas como Marillion, Opeth e Steven Wilson.[1][2][3] O xornalista musical Mark Blake describiu a Camel como "os grandes heroes anónimos do rock progresivo dos anos 70".[1]

Antigos membros

[editar | editar a fonte]

Discografía

[editar | editar a fonte]