Calle Estafeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°49′01″N 1°38′30″O / 42.81694444, -1.64166667

Imaxe da rúa Estafeta de Pamplona.

A Calle Estafeta ou Estafeta kalea é unha coñecida rúa da cidade de Pamplona, xa que é unha das que forman o percorrido dos encerros de San Fermín.

Esta rúa, duns 250 metros, comeza na tamén famosa curva de Mercaderes, e finaliza no tramo de Telefónica. É unha rúa cun 2% de pendente, cun asfalto de empedres, ata que foi substituído por lousas, e coa maior parte da rúa entre dúas paredes. Neste punto, a manda de touros con cabestros, a miúdo adoita ir partida e a un ritmo bastante lento, polo que os mozos, aproveitan e póñense diante das hastas dos touros. Esta acción é coñecida como "coller touro".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]