Calixto Amarelle Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1843 Madrid, España |
Morte | 16 de xullo de 1901 (57 anos) |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Actividade | |
Ocupación | militar, político |
Calixto Amarelle Rodríguez, nado o 14 de outubro de 1843 e finado en Madrid o 16 de xullo de 1901, foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Andrés Amarelle Malpica. Militar de profesión, comezou como cadete de infantaría de mariña en 1864 e chegou a xeneral de división. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Corcubión nas eleccións de 1896, volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1899 e 1901. Foi gobernador militar de Cidade Real e Lugo e inspector das Comisións liquidadoras de Ultramar. Foi tamén nomeado senador, aínda que non chegou a tomar posesión.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Beatriz Álvarez-Mendizábal Cañabate.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Acercamiento a la figura del general Amarelle (en castelán)
- Ficha no Senado
- Amarelle en xenealoxía.org Arquivado 03 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.