Calímaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Calímaco (Καλλίμαχος), nado en -310 e finado en -240, foi un poeta e erudito, nacido en Cirene, descendente dunha familia nobre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Abriu unha escola nos suburbios de Alexandría, e algúns dos máis distinguidos gramáticos e poetas foron os seus alumnos, destacándose Apolonio de Rodas[1].

Recibiu de Tolomeo II o encargo de ordenar a biblioteca de Alexandría, cargo que exerceu ata a súa morte. Aínda que nunca o nomearon bibliotecario xefe, foi responsable da produción do catálogo de todos os volumes que figuran na Biblioteca, sendo de tal envergadura a súa tarefa que é considerado o pai dos bibliotecarios (ou polo menos dos catalogadores). A clasificación e ordenación dos autores foi de gran valor para os posteriores estudos bibliográficos e literarios realizados sobre o período clásico.

Obra[editar | editar a fonte]

Da súa obra poética conserváronse algúns fragmentos, seis himnos e 63 epigramas, así como un breve poema épico, Hecale, co que se reafirmou na súa particular concepción da epopea, sobre a cal polemizou con Apolonio de Rodas, discípulo seu.

A súa obra máis coñecida é o poema A cabeleira de Berenice, que chegou a nós, con todo, non na súa versión orixinal, senón a través dunha imitación de Catulo[2].

Calímaco tiña unha especial visión da literatura, o que o sitúa dentro do helenismo como un dos seus máximos expoñentes. Apreciaba a Homero e chegou a consideralo como inimitable; con todo rexeitaba a épica e outros xéneros herdados nos que se intentase por extenso e coa linguaxe pretensiosa da alta poesía desenvolver un argumento unitario e orgánico. A escola de Calímaco era antiaristotélica ao rexeitar a unidade, a perfección e a extensión defendidas por Aristóteles.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biografías y Vidas. "Calímaco". Consultado o 7 de agosto de 2014. 
  2. Biografías y vidas. "Calímaco". Consultado o 7 de agosto de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]