Saltar ao contido

Caixoneira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe dunha caixoneira branca.

Unha caixoneira[1] é un móbel que está composto na súa totalidade por caixóns que se utilizan para gardar roupa, xoguetes ou outros aveños.

As caixoneiras son móbeis moi ben aproveitados pois destinan a maior parte do espazo dispoñíbel á súa función principal que é a de conter obxectos. Polo xeral, están formadas por unha estrutura sinxela de madeira ou aglomerado de marco estreito, cuxa única función é a de conter un alto número de caixóns. Non adoitan ter patas ou as teñen moi baixas, cubrindo estas toda a superficie frontal do móbel e chegando a niveis próximos ao chan.

As caixoneiras son móbeis habituais nos cuartos infantís onde poden decorarse con cenefas estampadas ou pintarse de rechamantes cores.[2] Tamén serven para aproveitar espazos mortos ou con pouca utilidade como os que se atopan debaixo dunha escaleira ou detrás dunha porta de acceso.[3]

Chámase caixoneira tamén á peza situada no interior do armario que está formada por caixóns nos que se gardan as pezas e complementos de vestir de menor tamaño. Adoitan chegar a media altura e sobre ela colócanse baldas ou perchas e utilízanse como soporte para apoiar outras pezas de vestir.[4]