Saltar ao contido

Cadherina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Principais interaccións de proteínas estruturais en unións adherentes baseadas na cadherina. Os filamentos de actina están unidos á α-actinina e á membrana a través da vinculina. O dominio da cabeza da vinculina asóciase á E-cadherina por medio das α-, β-, e γ-cateninas. O dominio de cola da vinculina únese a lípidos da membrana e a filamentos de actina.

As cadherinas[1] (nome que deriva de "adhesión dependente do calcio") son unha clase de proteínas transmembrana de tipo-1. Xogan un importante papel na adhesión celular, formando unións adherentes que unen as células entre si nos tecidos. Para funcionar son dependentes do ión calcio (Ca2+).

A superfamilia das cadherinas inclúe as cadherinas, protocadherinas, desmogleínas, e desmocolinas, e algunhas máis.[2][3] En canto á súa estrutura, todas comparten repeticións de cadherina, as cales son dominios de unión ao Ca2+ extracelular. Hai múltiples clases de moléculas de cadherina, cada unha designada cun prefixo (que, en xeral, designa un tipo de tecido ao cal están asociadas). Observouse que as células que conteñen un subtipo de cadherina específica tenden a agruparse xuntas excluíndo outros tipos, tanto en cultivos celulares coma durante o desenvolvemento embrionario.[4] Por exemplo, as células que conteñen N-cadherinas tenden a agruparse con outras células que tamén expresan N-cadherinas. Porén, detectouse que a velocidade de mestura nos experimentos en cultivos celulares pode ter un efecto na extensión da especificidade homotípica das cadherinas.[5] Ademais, varios grupos de investigación observaron unha afinidade polas unións heterotrópicas (entre tipos distintos de cadherina).[6][7] Un modelo actual propón que as células distinguen os subtipos de cadherina baseándose na súa especificidade cinética en vez de na súa especificidade termodinámica, xa que os diferentes tipos de enlaces homotípicos de cadherinas teñen diferentes duracións.[8]

Estrutura e función

[editar | editar a fonte]
Modelo de fita que representa unha unidade de repetición do ectodominio da E-cadherina extracelular do rato (Mus musculus) [9]

As cadherinas sintetízanse como polipéptidos e sofren moitas modificacións postraducionais para converterse nas proteínas que median a adhesión e recoñecemento de célula a célula.[10] Estes polipoéptidos teñen aproximadamente 720–750 aminoácidos. Cada cadherina ten un pequeno compoñente citoplasmático, un compoñente transmembrana, e a masa restante da proteína é extracelular. No ano 2000 xa se levaban identificado e secuenciado uns 80 tipos de cadherinas humanas.[11]

As cadherinas compórtanse como receptores e como ligandos. Durante o desenvolvemento embrionario, axudan a posicionar correctamente as células: son responsables da separación das diferentes capas de tecidos, e da migración celular.[12] Nos estadios iniciais do desenvolvemento, a E-cadherina (cadherina epitelial) é a que máis se expresa. Durante a seguinte fase do desenvolvemento, na que se forma a placa neural, exprésase a N-cadherina (cadherina neural) e hai unha diminución da E-cadherina. Finalmente, durante o desenvolvemento da notocorda e a condensación das somitas, increméntase a expresión das E- P- e N-cadherinas. Despois do desenvolvemento, as cadherinas xogan un papel no mantemento da estrutura da célula e dos tecidos, e no movemento celular.[11]

Cadherin domain
Identificadores
SímboloCadherin
PfamPF00028
InterProIPR002126
SMARTCA
PROSITEPDOC00205
SCOPe1nci / SUPFAM

As cadherinas poden clasificarse en catro grupos: clásicas, desmosómicas, protocadherinas, e non convencionais.[13]

Clásicas

[editar | editar a fonte]

Diferentes membros da familia das cadherinas encóntranse en distintas localizacións.

  • CDH1 - E-cadherina (epitelial): As E-cadherinas encóntranse no tecido epitelial.
  • CDH2 - N-cadherina (neural): As N-cadherinas encóntranse nas neuronas.
  • CDH12 - cadherina 12, tipo 2 (N-cadherina 2).
  • CDH3 - P-cadherina (placentaria): As P-cadherinas encóntranse na placenta.

Desmosómicas

[editar | editar a fonte]

Protocadherinas

[editar | editar a fonte]

PCDH15; PCDH17; PCDH18; PCDH19; PCDH20; PCDH7; PCDH8; PCDH9; PCDHA1; PCDHA10; PCDHA11; PCDHA12; PCDHA13; PCDHA2; PCDHA3; PCDHA4; PCDHA5; PCDHA6; PCDHA7; PCDHA8; PCDHA9; PCDHAC1; PCDHAC2; PCDHB1; PCDHB10; PCDHB11; PCDHB12; PCDHB13; PCDHB14; PCDHB15; PCDHB16; PCDHB17; PCDHB18; PCDHB2; PCDHB3; PCDHB4; PCDHB5; PCDHB6; PCDHB7; PCDHB8; PCDHB9; PCDHGA1; PCDHGA10; PCDHGA11; PCDHGA12; PCDHGA2; PCDHGA3; PCDHGA4; PCDHGA5; PCDHGA6; PCDHGA7; PCDHGA8; PCDHGA9; PCDHGB1; PCDHGB2; PCDHGB3; PCDHGB4; PCDHGB5; PCDHGB6; PCDHGB7; PCDHGC3; PCDHGC4; PCDHGC5

FAT; FAT2; FAT4;

Non convencionais/non agrupadas

[editar | editar a fonte]
  • CDH9 - cadherina 9, tipo 2 (T1-cadherina)
  • CDH10 - cadherina 10, tipo 2 (T2-cadherina)
  • CDH4 - R-cadherina (retinal)
  • CDH5 - VE-cadherina (vascular endotelial)
  • CDH6 - K-cadherina (riles)
  • CDH7 - cadherina 7, tipo 2
  • CDH8 - cadherina 8, tipo 2
  • CDH11 - OB-cadherina (osteoblasto)
  • CDH13 - T-cadherina - H-cadherina (corazón, heart)
  • CDH15 - M-cadherina (miotúbulo)
  • CDH16 - KSP-cadherina
  • CDH17 - LI cadherina (fígado-intestino, liver-intestine)
  • CDH18 - cadherina 18, tipo 2
  • CDH19 - cadherina 19, tipo 2
  • CDH20 - cadherina 20, tipo 2
  • CDH23 - cadherina 23, (epitelio neurosensorial)
  • CDH10; CDH11; CDH13; CDH15; CDH16; CDH17;

CDH18; CDH19; CDH20; CDH22; CDH23; CDH24; CDH26; CDH28; CDH4; CDH5; CDH6; CDH7; CDH8; CDH9;

CELSR1; CELSR2; CELSR3; CLSTN1; CLSTN2; CLSTN3; DCHS1; DCHS2; LOC389118;

  1. Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo. (2010). Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. (PDF). Xunta de Galicia. p. 37. ISBN 978-84-453-4973-1. 
  2. Hulpiau P, van Roy F (2009). "Molecular evolution of the cadherin superfamily". Int. J. Biochem. Cell Biol. 41 (2): 349–69. PMID 18848899. doi:10.1016/j.biocel.2008.09.027. 
  3. Angst B, Marcozzi C, Magee A (2001). "The cadherin superfamily: diversity in form and function". J Cell Sci 114 (Pt 4): 629–41. PMID 11171368. 
  4. Bello S.M., Millo H., Rajebhosale M., Price S.R. (2012) Catenin-dependent cadherin function drives divisional segregation of spinal chord motor neurons. J. Neuroscience 32(2):490-505
  5. Duguay, D.; A. Foty R., RA; S. Steinberg M., MS (2003). "Cadherin-mediated cell adhesion and tissue segregation: qualitative and quantitative determinants". Dev. Biol. 253 (2): 309–323. PMID 12645933. doi:10.1016/S0012-1606(02)00016-7. 
  6. Niessen, Carien M.; Gumbiner, Barry M. (2002). "Cadherin-mediated cell sorting not determined by binding or adhesion specificity". The Journal of Cell Biology 156 (2): 389–399. PMC 2199232. PMID 11790800. doi:10.1083/jcb.200108040. 
  7. Volk, T.; Cohen, O.; Geiger, B. (1987). "Formation of heterotypic adherens-type junctions between L-CAM containing liver cells and A-CAM containing lens cells". Cell 50 (6): 987–994. PMID 3621349. doi:10.1016/0092-8674(87)90525-3. 
  8. Bayas, Marco V.; Leung, Andrew; Evans, Evan; Leckband, Deborah (2005). "Lifetime Measurements Reveal Kinetic Differences between Homophilic Cadherin Bonds". Biophysical Journal 90 (4): 1385–95. PMC 1367289. PMID 16326909. doi:10.1529/biophysj.105.069583. 
  9. PDB 3Q2V; Harrison, O.J., Jin, X., Hong, S., Bahna, F., Ahlsen, G., Brasch, J., Wu, Y., Vendome, J., Felsovalyi, K., Hampton, C.M., Troyanovsky, R.B., Ben-Shaul, A., Frank, J., Troyanovsky, S.M., Shapiro, L., Honig, B. (2011). "The extracellular architecture of adherens junctions revealed by crystal structures of type I cadherins". Structure 19 (2): 244–56. PMC 3070544. PMID 21300292. doi:10.1016/j.str.2010.11.016. ; reproducido con PyMOL
  10. Harris, Tony J.C., and Ulrich Tepass. "Adherins Junctions: From Molecules to Morphogenesis" Nature Reviews Molecular Cell Biology. 502-514. Xullo de 2010. doi:10.1038/nrm2927.
  11. 11,0 11,1 Tepass, Ulrich, et al. "Cadherins in Embryonic and Neural Morphogenisis" Nature Reviews Molecular Cell Biology. Novembro de 2000.
  12. Gumbiner, Barry M. "Regulation of Cadherin-Mediated Adhesion in Morphogenesis" Nature Reviews Molecular Cell Biology. 622-634. August 2005.
  13. Stefan Offermanns; Walter Rosenthal (2008). Encyclopedia of Molecular Pharmacology. Springer. pp. 306–. ISBN 978-3-540-38916-3. Consultado o 14 de decembro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]