Cachopo (gastronomía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cachopo con pementos e patacas fritidas.

Un cachopo é un prato característico da cociña asturiana. Consiste en dous filetes de tenreira grandes e entre eles xamón e queixo. O conxunto cómese fritido e quente tras ser empanado en ovo e pan relado e adóitase servir con guarnición de patacas ou champiñóns.

As primeiras referencias sobre o cachopo asturiano recólleas o doutor Gaspar Casal, a primeiros do século XVIII. Orixinariamente, inventouse para dar saída aos filetes de mala calidade ou pouco frescos. Desta forma, gañan en textura e sabor.

A partir desta forma orixinal xurdiron múltiples variantes de cachopos de peixe, pito ou porco e recheos de marisco, chacina, cogomelos, pementos, queixos, espárragos, etc. É habitual nos últimos anos a publicación de guías e rutas de restaurante onde mellor se serven os cachopos.