Cabra de altura
Aparencia
(Redirección desde «Cabra (peixe)»)
| Cabra de altura | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Helicolenus dactylopterus François-Étienne de La Roche 1809 | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Conservación | |||||||||||||||||||
Especie pouco preocupante | |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
Co nome de cabra, cabra de altura [1] ou galiña de mar (Helicolenus dactylopterus) é un peixe de tamaño medio, corpo redondo e cor vermella con bandas transversais máis escuras.
Descrición
[editar | editar a fonte]Neste peixe destaca a cor avermellada viva, e a aleta dorsal na que destacan os radios da primeira metade. Son tamén característicos os ollos grandes e a aleta pectoral moi desenvolvida.
Na cabeza poden verse espiñas laterais nas fazulas.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Habita en zonas de 200 a 1.000 metros de profundidade, de fondo lamacento. Reprodúcese en novembro ou decembro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén cabra de fóra e cabra da pedra, segundo Ríos Panisse.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cabra de altura |
| Vexa a entrada do Galizionario acerca de Cabra de altura |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dirección Xeral de Formación Pesqueira: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
- RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 de Verba 1977.
