Cabalo palomino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabalo con capa palomino.

O palomino é unha capa equina de cor ocre dourada coas crinas e cola de cor branca arxéntea, característica das razas americanas. O manto dourado con crinas e cola brancas é unha herdanza que procede do cabalo español, que tamén está presente esporadicamente no cabalo cuarto de milla e o Saddlebred.

O xene crema é o que ocasiona esta capa. É un xene dominante incompleto, o que significa que cando hai un só alelo (heterocigocia) causa a desaparición de preto do 50 % do pigmento vermello (feomelanina), diluíndo lixeiramente a capa alazá e orixinando a cor ocre dourado.[1] Sendo «e» o xene de cor vermella e «Cr» o xene crema, a fórmula xenética da capa palomino será «eeCr».

Cría[editar | editar a fonte]

Aínda que non se considera unha raza en sentido estrito, en Estados Unidos é un manto moi popular e ten unha asociación dedicada á súa conservación, a American Palomino Horse Association, que rexistra os individuos que presentan esta característica xenética; pero para que un individuo sexa rexistrado debe estar presente nun rexistro de raza como o do cuarto de milla, o cabalo árabe, o español ou o purosangue.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Locke, MM; LS Ruth, LV Millon, MCT Penedo, JC Murray, AT Bowling (2001).
  2. Angela Rodriguez. "Purasangre". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2015. Consultado o 30 de marzo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]