CEIP Doutor Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°20′29″N 8°27′17″O / 42.341274, -8.454639

CEIP Doutor Suárez
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

O CEIP Doutor Suárez é un Colexio Público de Educación Infantil e Primaria situado en Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra. No CEIP Doutor Suárez impártense clases de educación infantil (de 3 a 5 anos) e de educación primaria (de 6 a 12 anos) e é o único centro educativo do concello. Ten uns 95 alumnos e alumnas (curso 2009-10) e consta de 9 unidades (3 de educación infantil e 6 de educación primaria). Conta con comedor, transporte escolar e xornada partida (mañá e tarde). Nel traballan 16 profesores e profesoras (quince con centro base e un itinerante).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]