Club Deportivo Ramiranes
(Redirección desde «CD Ramiranes»)
O Club Deportivo Ramiranes foi un equipo de fútbol galego, fundado en 1966 e desaparecido en 2014, con sede no concello de Ramirás.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O club fundárono veciños de Ramirás en febreiro de 1966, pero non se rexistrou oficialmente ata 1979, cando comezou a xogar competicións federadas. O club conseguiu ascender rapidamente de Terceira Provincial, como se chamada daquela, ata Primeira Autonómica, categoría na que se mantivo e da que nunca descendeu. En 2014 o equipo desfíxose por falta de quen o collese[1].
O primeiro campo de xogo do Ramiranes era o de San Miguel dos Pinos, na parroquia de Vilameá. Como equipo federado o seu campo pasou a ser o Campo de Santa Isabel (tamén coñecido como "O Barreiro"), na parroquia de Grixó.
Tempadas[editar | editar a fonte]
|
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ramiranes: su historia en una carta". La Región (en castelán). 6 de febreiro de 2016. Consultado o 8 de febreiro de 2016.