O 25 de maio de 2014 conseguiu un novo ascenso á 2ª B, disputando a súa segunda tempada na categoría de bronce en toda a súa historia. Xogou catro tempadas na categoría, volvendo a caer a Terceira na 2017/18. Non perdeu ningún partido de liga nas seguintes dúas tempadas, nas que acabou primeiro e xogou dúas fases de ascenso, logrando subir de categoría no segundo dos intentos. Xa de volta en Segunda B o Lealtad entrou na historia do fútbol español ao alongar a súa xeira de partidos de liga consecutivos invicto ata os 69, superando a marca de 67 do CD Ourense dos anos 60.[1] Foi o Numancia quen conseguiu derrotar ao Lealtad en novembro de 2020, dous anos e medio despois da súa anterior derrota en liga.[2]
Disputa os seus partidos como local no estadio Les Caleyes, con capacidade para 3000 espectadores. Os seus equipos de fútbol base xogan no campo Nuevo Villazón, de herba sintética.