Saltar ao contido

CD Cajamadrid (balonmán)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CD Cajamadrid
Nome do club Club Deportivo Cajamadrid
Fundado 1978
Pavillón Pavillón Polideportivo Caja Madrid,
Alcalá de Henares
Capacidade 4.500
Presidente España Jesús López Ricondo (1978-1987)
Adestrador España Domingo Bárcenas
Equipamentos


Local


Visitante

O Club Deportivo Cajamadrid foi un equipo de balonmán da localidade de Alcalá de Henares, Madrid (España). Foi un dos clubs históricos de finais da década dos 80 no Estado español e en Europa.

O CD Cajamadrid foi fundado en 1978 pola Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Madrid en apoio ao deporte madrileño, un dos seus fundadores foi Jesús López Ricondo, que foi presidente do club dende a súa fundación en 1978 ata 1987. O Cajamadrid participou na División de Honra e na Liga ASOBAL de balonmán, ademais de competir en competicións europeas como a Copa IHF, da que foi semifinalista nas tempadas 1988-89 e 1989-90. Nas competicións domésticas cómpre salientar os subcampionatos da Liga ASOBAL (1987-88), Copa do Rei (1993-94 como Juventud Alcalá) e Supercopa de España (1989-90).

Ademais da sección de balonmán, o club contaba con outras dúas seccións: unha sección de baloncesto cun equipo na Primeira División (categoría de prata logo da ACB), e unha sección de ciclismo cun equipo afeccionado.

En 1991 a entidade financeira decidiu eliminar este club deportivo, cedendo a estrutura deportiva ao Juventud Alcalá, ao cal patrocinou durante os catro anos seguintes.

Xogadores históricos

[editar | editar a fonte]
NOME ESTATURA PESO NACIONALIDADE POSICIÓN
1 Manolo Gutierrez 1,85 80 España España Portero
2 Eduardo Martinez "Cihuri" 1,95 92 España España Lateral
3 Jovan Elezovic 1,94 90 Iugoslavia Iugoslavia Lateral
4 Javier Reino 1,96 94 España España Lateral, Extremo, Central
5 Miaden Lakovic 1,92 92 Iugoslavia Iugoslavia Pivote
6 Zoran Puzovic 1,97 91 Iugoslavia Iugoslavia Extremo esquerdo