CD11c

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Proteína ITGAX ou CD11c. (baseado en PDB 1n3y).

O CD11c (cluster de diferenciación 11c) ou cadea alfa X de integrina é unha subunidade de proteína transmembrana de tipo I que se expresa en altos niveis na maioría das células dendríticas humanas, e tamén en monocitos, macrófagos, neutrófilos, e algunhas células B que está codificada no xene ITGAX do cromosoma 16 humano.[1] O CD11c induce a activación celular e axuda a desencadear a explosión respiratoria de neutrófilo. Exprésase en moitas tricoleucemias, leucemias non linfocíticas agudas, e algunhas leucemias linfocíticas crónicas de células B.

O xene ITGAX codifica a cadea alfa X de integrina. As integrinas son proteínas integrais de membrana heterodímeras compostas por unha cadea alfa e outra beta. A cadea alfa X de integrina combínase coa cadea beta 2 (CD18 ou ITGB2) para formar unha integrina específica de leucocitos denominada CR4 ou receptor 4 do compoñente do complemento 3b inactivado (iC3b). O complexo alfa X/beta 2 parece solapar as propiedades da integrina alpha M/beta 2 na adherencia dos neutrófilos e monocitos a células endoteliais estimuladas, e na fagocitose de partículas cubertas polo complemento.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]