Saltar ao contido

C.H. Cidade de Ourense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
C.H. Cidade de Ourense
Tipoclub deportivo
Deportehóckey sobre herba
Data de fundación2003
SedeOurense
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

O Club de Hóckey Cidade de Ourense é un equipo de hóckey herba da cidade de Ourense. O seu equipo sénior compite actualmente na Primeira División Nacional, terceira categoría do hóckey herba español.

A andaina do Club de Hóckey Cidade de Ourense comezou no 2002, cando se comezou a proxectar a creación dun equipo sénior e as diferentes escolas e categorías inferiores que comporían o club. No 2003 o club foi inscrito no rexistro de asociacións deportivas da Xunta de Galicia co obxectivo de poder tomar parte nas distintas competicións que se disputarían na tempada 2003-04. Ese ano, na súa primeira participación, o xove club ourensán proclamouse campión da Liga Galega, ascendendo á Primeira División Nacional, categoría na que xoga dende aquela.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]