Burofax
En España, o burofax é un servizo utilizado para o envío urxente de documentos que requiran dunha entrega indiscutible, servindo de proba fronte a terceiros, que se entrega sempre baixo firma do destinatario.[1][2]
Aínda que é marca rexistrada de Correos de España (M-2929970), o termo emprégase frecuentemente como xenérico.[3]
Este servizo que naceu en España como un envío de fax dende unha oficina de correos, posteriormente foi evolucionando ata ofrecer a posibilidade de que a súa imposición sexa en liña. Basicamente trátase de enviar un documento ou notificación a través dun correo electrónico certificado, o cal emite un certificado dixital con validez legal no que se rexistra todo o relacionado coa comunicación.
As distintas empresas que en España comercializan este servizo,[4] ofrecen como elemento complementario a certificación de texto, algunha delas mesmo testemuño notarial da mesma, na que se certifica o contido do envío así como o resultado do mesmo, polo que constitúe proba plena de que se enviou unha comunicación concreta na data certificada a un destinatario determinado.
O Burofax Online ofrece maiores vantaxes que o tradicional xa que é sinxelo e inmediato, reduce custos, elimina trámites e intermediarios e ofrece un seguimento en tempo real das comunicacións, todo iso sen perder validez legal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Burofax, en la Web de Correos" (en español). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 17 de marzo de 2017.
- ↑ El Periódico (26 de agosto de 2020). "¿Qué es y para qué se usa un burofax?". Consultado o 2021-04-01.
- ↑ "ACUERDO DEL TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DE LA COMUNIDAD DE MADRID" (PDF). Recurso nº 45/2018 e Resolución nº 75/2018.
- ↑ "El burofax ya no es exclusividad de Correos". Cinco Días (en castelán). 2013-02-19. Consultado o 2023-02-24.