Buraco das Araras, Goiás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Buraco das Araras é unha dolina do estado brasileiro de Goiás

Con 105 m de profundidade e 295 de ancho é unha das maiores dolinas do Brasil e a segunda maior do Centro-Oeste, tendo no seu medio unha densa foresta húmida con fentos xigantes típicos da idade primitiva, da formación xeolóxica e ecohistoria do lugar.

Posúe tamén accesos a varias cavernas con estalactitas, estalagmitas e ríos subterráneos apropiados para a práctica da inmersión.