Bugchasing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A persecución do bicho, do inglés bugchasing, é unha práctica sexual consistente en manter relacións sen protección con individuos infectados polo VIH coa fin de se contaxiar do virus. Os individuos que participan nesta actividade denomínanse bugchasers, mentres que as peroas que teñen o VIH e deciden contaxiar ao bugchaser reciben o nome de giftgivers (literalmente, os "transmisores do agasallo". O bugchasing é un xeito de autolesión, ao atentar coa propia saúde. O termo provén da xerga empregada por algúns membros da comunidade LGTB, xa que neste ambiente o virus da inmunodeficiencia humana recibe o nome de "bicho".

Os bugchasers alegan moitas razóns polas que toman a decisión de practicaren esta actividade. Algúns deles argumentan facelo pola emoción e a intimidade dunha actividade tan perigosa, isto é, que non teñen un desexo explícito de contraer o VIH.[1][2] Outros fano polo extremo medo a contraer a doenza, de xeito que ao contaxiarse quítanse ese peso de enriba. Algúns investigadores apuntan que este comportamento pode ter a súa orixe no "desexo de resistiren á moral e a norma heterosexual dominante na sociedade".[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gregory A. Freeman, "In Search of Death," Rolling Stone, January 23, 2003 https://web.archive.org/web/20061116220955/http://www.rollingstone.com/news/story/5939950/bug_chas/print
  2. 2,0 2,1 Crossley, Michelle, 2004. "'Resistance' and health promotion". British Journal of Social Psychology, Vol. 43, pp. 225–244

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.