Buddha Dhatu Jadi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Buddha Dhatu Jadi
বুদ্ধ ধাতু জাদি
Datos xerais
País Bangladesh
TipoTemplo budista
AdvocaciónTheravada
LocalizaciónPulpara, Balaghata, Bandarban
Coordenadas22°13′23″N 92°11′52″L / 22.2231095, 92.1977168Coordenadas: 22°13′23″N 92°11′52″L / 22.2231095, 92.1977168
Altitude18 m
Culto
CultoBuda
Arquitectura
Construción5 de febreiro de 2000
Buddha Dhatu Jadi en Bangladesh
Buddha Dhatu Jadi
Buddha Dhatu Jadi
Buddha Dhatu Jadi (Bangladesh)
editar datos en Wikidata ]

O Buddha Dhatu Jadi (en bengalí: বুদ্ধ ধাতু জাদি: ; en birmano: ဗုဒ္ဓဓာတုစေတီ: tamén coñecido como o Templo Dourado de Bandarban) atópase preto da cidade de Balaghata, no distrito de Bandarban, en Bangladesh. Os Dhatu son os restos materiais dunha persoa santa, e neste templo as reliquias pertencen a Buda. É o templo budista Theravada máis grande de Bangladesh e ten a segunda estatua de Buda máis grande do país.[1][2][3]

O Templo Dourado de Bandaban pertence á orde do budismo Theravada, que é practicada polo pobo indíxena marma, un grupo étnico dominante de Bandarban. Foi construído en 2000 en arquitectura arakanesa, unha adopción do estilo do Sueste asiático.[1][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Golden Temple, Bandarban". The Face of Bangla. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2019. Consultado o 2010-03-29. 
  2. "Balaghata: Golden Temple". Arquivado dende o orixinal o 2011-07-14. Consultado o 2010-03-29. 
  3. 3,0 3,1 "The Golden Temple of Bangladesh". The Buddhist Channel. Consultado o 2010-03-29. 
  4. McAdam, Marika (2004). Bangladesh. Lonely Planet. p. 131. ISBN 1-74059-280-8.