Bristol Glider

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bristol Glider
Tipoplanador biplano
FabricanteBritish & Colonial Aeroplane Company
Deseñado porGeorge Challenger
Primeiro voo17 de decembro de 1910
Unidades construídas1

O Bristol Glider foi un dos primeiros planadores británicos biplanos deseñado na década de 1910 por George Challenger e construído pola British & Colonial Airplane Company no aeródromo de Filton, Bristol.[1]

Challenger era o enxeñeiro xefe da British & Colonial Aeroplane Company e deseñou o planador para Sir George White, o fundador da compañía. White fixo construír o planeador para regalarllo ao Bristol and West of England Aero Club despois de que fose elixido presidente do club en outubro de 1910.[1]

Challenger deseñara anteriormente o Bristol Boxkite, fortemente influenciado polos avións de Henri Farman, e o Glider seguiu o mesmo esquema.[2] Tiña un plano anterior moi por diante das ás, montado sobre barras de madeira con arame, que tamén levaban o tren de aterraxe formado por un par de longos patíns que levaban pequenas rodas.[2] Catro barras, que se elevaban e acababan xuntándose, levaban un único plano de cola en lugar do par usado polo Boxkite.[2] O plano anterior e o plano de cola movíanse xuntos para controlar o cabeceo.[1] Un pequeno par de temóns estaba montado entre as barras preto da cola. O control lateral realizábase mediante aleróns instalados na á superior.

O Glider voou por primeira vez dende a pista de Keynsham o 17 de decembro de 1910, pilotado por Challenger. Foi remolcado manualmente e recuperado costa arriba usando unha carretilla de dúas rodas.[1] Resultou danado en febreiro de 1911 e reparouse, pero tivo un accidente máis serio o 4 de setembro dese ano que custou 30 libras en reparacións.[1] O Glider sobreviviu ata 1912 pero o seu destino final é descoñecido.[1] O Glider deseñouse para ter un motor de 30 cabalos pero este nunca se instalou.[1]

Especificacións[editar | editar a fonte]

Datos de Bristol Aircraft since 1910[1]

Características xerais[editar | editar a fonte]

  • Tripulación: 3
  • Lonxitude: 10,32 m
  • Envergadura: 9,86 m
  • Altura: 2,03 m

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Barnes 1988, p. 54
  2. 2,0 2,1 2,2 Goodall e Tagg pp.55-6

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barnes, C H (1994) [1988]. Bristol Aircraft since 1910 (3rd ed.). London: Putnam. ISBN 0-85177-823-2. 
  • Goodall, Michael H.; Tagg, Albert E. (2001). British Aircraft Before the Great War. Atglen, PA: Schiffer Publishing. ISBN 0-7643-1207-3.