Brian Finnegan
Brian Finnegan | |
---|---|
![]() Brian Finnegan en xuño de 2013. | |
Data nacemento | 20 de agosto de 1969 (54 anos) |
Nado en | Armagh, Irlanda do Norte |
Ocupación | flautista |
Xénero | Folk |
Instrumento(s) | Frauta irlandesa e tin whistle |
Relacionado con | Flook, Kan |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Brian Finnegan, nado o 20 de agosto de 1969 en Armagh, é un músico e frautista irlandés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a tocar o tin whistle con oito anos como estudante no Armagh Pipers Club.[1] Acadou sona co grupo irlandés Upstairs in a Tent,[2] e despois en 1993 lanzou un álbum en solitario chamado When the Party's Over, que foi gravado en Redesdale Studios[3] En 1995 formou o grupo musical Flook. Orixinalmente formado por Sarah Allen e Michael McGoldrick con Brian Finnegan, posteriormente engadiron ao guitarrista Ed Boyd. Cando McGoldrick deixou o grupo en 1997, Kohn Joe Kelly uniuse ao grupo para tocar o bodhrán. Flook continuou a súa andaina facendo unha xira arredor do mundo e en 2006 foi galardoado como o mellor grupo musical nos BBC Radio 2 Folk Awards.
En 2010, Brian formou o seu propio trío musical co guitarrista Ian Stephenson e o percusionista Jim Goodwin. Logo fixeron o grupo Kan co violinista Aidan O'Rourke, até a disolución da banda en 2014.
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbum en solitario[editar | editar a fonte]
- When the Party's Over (1993)[4]
- The Ravishing Genius of Bones (2010)[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Armagh Pipers Club Website
- ↑ Brian Finnegan Band, Armagh Pipers Club website Arquivado 02 de decembro de 2009 en Wayback Machine..
- ↑ Brian Finnegan, Paul McSherry website.
- ↑ 4,0 4,1 Festivaldeortigueira.com (ed.). "Brian Finnegan big band". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2017.