Brahman (vaca)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Brahman en Avaré.

A raza de gando brahman ten a súa orixe no gando cebú levado orixinariamente aos Estados Unidos de América proveniente da India.

Cruzouse extensivamente con Bos taurus, o gando europeo. Ambos son membros da familia dos bóvidos.

O brahman caracterízase por unha chepa no seu lombo e polas súas orellas brandas longas. As cores máis comúns son branco, gris e vermello. O brahman posúe unha capacidade notable de adaptación e supervivencia. Pode alimentarse con pastos inadecuados e é moi resistente a pestes de insectos, parasitos, enfermidades e a climas extremos.

O gando brahman pode desprazarse grandes distancias para obter auga. O brahman desenvólvese onde outro tipo de gando apenas pode sobrevivir.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.