Born in the U.S.A. (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Born in the U.S.A.
Álbum de Bruce Springsteen
Publicado4 de xuño de 1984
Gravaciónxaneiro de 1982 - marzo de 1984
Estudio(s)The Power Station e The Hit Factory, Nova York
Duración46:57
Xénero(s)rock and roll, heartland rock, pop
Selo(s)Columbia Records
Producido porJon Landau, Chuck Plotkin, Bruce Springsteen, Steven Van Zandt
Cronoloxía
Nebraska
(1982)
Born in the U.S.A. Live 1975–85
(1986)

Born in the U.S.A. é o sétimo álbum de estudio do músico estadounidense de rock Bruce Springsteen, publicado o 4 de xuño de 1984 a través do selo Columbia Records. A música foi composta por Springsteen e gravouse coa súa banda de apoio, a E Street Band, e cos produtores Chuck Plotkin e Jon Landau nos estudios The Power Station e The Hit Factory de Nova York.

Born in the U.S.A. tivo recensións positivas e un enorme éxito comercial. Produciu sete exitosos sinxelos que entraron no top 10 e promocionouse cunha xira mundial. Born in the U.S.A. converteuse no álbum máis exitoso de Springsteen e un dos máis vendidos da historia, con máis de 30 millóns de copias vendidas ata o ano 2012. Tamén foi citado polos críticos como un dos mellores álbums de todos os tempos. O álbum foi nomeado ao premio de Álbum do ano nos Grammy de 1985.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Bruce Springsteen

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Born in the U.S.A."   4:38
2. "Cover Me"   3:29
3. "Darlington County"   4:48
4. "Working on the Highway"   3:13
5. "Downbound Train"   3:35
6. "I'm on Fire"   2:40
Cara 2
N.º Título Duración
1. "No Surrender"   4:01
2. "Bobby Jean"   3:48
3. "I'm Goin' Down"   3:30
4. "Glory Days"   4:15
5. "Dancing in the Dark"   4:04
6. "My Hometown"   4:34
46:57

Notas[editar | editar a fonte]