Falla transformante

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bordo transformante»)

Fallas transformantes (liñas vermellas).

Falla transformante ou bordo transformante é o bordo de desprazamento lateral dunha placa tectónica respecto da outra. A súa presenza é notable grazas ás descontinuidades do terreo.[1]

Hai dous tipos de falla transformante: as que segmentan as dorsais mesoceánicas e as que forman os bordos pasivos entre placas tectónicas continentais.

Nas fallas ou bordos transformantes que forman os bordos pasivos entre placas tectónicas, as placas desprázanse unha á beira da outra horizontalmente, sen producir nin destruír litosfera. A falla transformante máis coñecida deste tipo é a falla de San Andrés, en California (EUA).

As que se producen nos bordos construtivos de placas son as que dividen as dorsais oceánicas en segmentos máis ou menos curtos de trazo recto, para acomodalas a un trazado xeral curvo ou sinuoso ou oblicuo respecto da dirección de expansión do chan oceánico (ver imaxe á dereita).[2]

Os outros dous tipos de bordos de placas tectónicas, os bordos converxentes e os bordos diverxentes, son tectonicamente activos e ambos con actividade volcánica asociada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Strahler, Arthur N. (1992). "1". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. p. 11. ISBN 84-282-0770-4. 
  2. Agueda Villar, José A.; Anguita Virella, Francisco; Araña Silvestre, Vicente; Lopez Ruiz, José; Sanchez de la Torre, Luis. "8. Tectónica de placas". Geología (en castelán). Madrid: Rueda. pp. 212–6. ISBN 84-7207-009-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]