Boeing 737 AEW&C
Aparencia
Boeing 737 AEW&C | |
---|---|
Tipo | AEW&C |
Fabricante | Boeing |
Primeiro voo | 2004 |
Introducido | novembro de 2012 |
Principais usuarios | Real Forza Aérea de Australia Forza Aérea de Turquía Forza Aérea de Corea do Sur |
Unidades construídas | 14 |
O Boeing 737 AEW&C é un avión bimotor de alerta temperá e control aerotransportado baseado no deseño do Boeing 737 Next Generation. É máis lixeiro que o Boeing E-3 Sentry baseado no 707, e ten unha antena fixa dun radar de varredura electrónica activa en vez dunha xiratoria. Foi deseñado para a Real Forza Aérea de Australia (RAAF) baixo o "Proxecto Wedgetail" e designouse E-7A Wedgetail.
O 737 AEW&C tamén foi escollido pola Forza Aérea de Turquía, coa designación E-7T,[1] a Forza Aérea de Corea do Sur, e o Reino Unido, como o Wedgetail AEW1. En abril de 2022 a Forza Aérea dos Estados Unidos anunciou que o AEW&C substituirá ao E-3 a partir de 2027.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "HİK tespit etti F-16’lar vurdu". SavunmaSanayiST (en turco). 2020-03-02. Consultado o 2022-05-19.
- ↑ "Air Force identifies Boeing E-7 as solution to replace the E-3 capability". Air Force (en inglés). Consultado o 2022-05-19.