Bocel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O bocel é unha moldura convexa de sección semicircular ou, en ocasións, elíptica, de superficie lisa.

Cando a directriz é recta, equivale a un semicilindro; se é circular, a un semitoro. É frecuente a utilización de medio bocel, isto é, dunha moldura cuxa sección sería un cuadrante de círculo; neste caso recibe o nome de medio bocel ou cuarto bocel.

Ás veces é tomada como sinónimo de toro, xa que bocel adóitase utilizar principalmente na arte gótica.