Boca Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boca Norte
Duración 20 minutos

Na rede
IMDB: tt8677380 Filmaffinity: 973955 Editar o valor em Wikidata

Boca Norte é unha miniserie española creada por Eva Mor, dirixida por Dani de la Orden e Elena Trapé, e producida en 2019 por RTVE coa colaboración de Lavinia Audiovisual para a canle multiplataforma Playz de RTVE.[1] Está protagonizada por Begoña Vargas, David Solans, Guillermo Campra, Marina Castro, Júlia Creus, Guillermo Lasheras e Jasmine Roldán. Narra o xiro de vida dunha moza de 16 anos, quen acaba de chegar a un barrio humilde de Barcelona tras vivir nun dos barrios altos da cidade.[2][3]

Argumento[editar | editar a fonte]

Andrea, unha adolescente que vive nun barrio alto de Barcelona, vese obrigada a mudarse a un barrio humilde da mesma cidade. Ante a situación, o seu pai quere que a súa filla se adapte, así que lle propón ir ao centro cultural Boca Norte. Alí coñecerá un grupo de mozos unidos polo trap, con quen creará coreografías e comporá cancións para esquecer os seus problemas. Logrará, así, deixar atrás os prexuízos sociais sobre eles.[4]

Capítulos[editar | editar a fonte]

Capítulo 1. Andrea, unha moza dun barrio alto de Barcelona, ten que mudarse a El Carmel, un barrio humilde, para deixar atrás o seu pasado atrás. Alí coñece Boca Norte, un centro cultural xuvenil, e un grupo de adolescentes que comparten a súa paixón polo baile. Tras os prexuízos iniciais, deciden aceptar a Andrea e convidala ao aniversario de Katy, o cal non terminará ben.

Capítulo 2. O grupo ensaia unha canción que Andrea compuxo. Substitúe a Katy, xa que está castigada tras a festa do seu aniversario, o que fará que empece a estar desconforme con Andrea. Por outra banda, Andy e Sarah queren crear unha asociación feminista e solicitar información sobre sexualidade. Descobren que María é virxe, mentres que Lu presume de todas as mozas coas que estivo. Dani, o encargado da Boca Norte, empeza a achegar posturas con Andrea e confésalle os problemas económicos que o centro cultural está a pasar.

Capítulo 3. María non é a única que garda segredos. Lu vaise enfrontar ao seu e María apóiao, xa que empeza a ter sentimentos cara a el. Por outra banda, Sarah empeza a dubidar sobre a súa orientación sexual e Andrea grava o seu primeiro videoclip xunto a Andy.

Capítulo 4. O centro cultural celebra unha festa para recadar diñeiro ante os problemas económicos que sofre para salvalo do peche. Na festa os sentimentos empezan a agromar e Andrea, baixo o efecto das drogas, fará algo que non lles sentará ben de todo aos seus amigos.

Capítulo 5. O diñeiro conseguido non abonda para evitar o peche de Boca Norte. Sarah fai que Andrea confese o que dixo na mensaxe de son que esta lle enviou por equivocación. Isto fai que Dani e Andrea teñan unha conversación. María ten dúbidas sobre o ocorrido na festa con Lu e conta co apoio de Katy. Tras o ocorrido, o grupo non quere seguir adiante co grupo musical. Porén, Andy tenta convencelos polo éxito que está a ter o videoclip nas redes.

Capítulo 6. Boca Norte pecha as súas portas. María, Andy, Katy e Sarah inician unha protesta para evitalo, mais Dani xa está canso de loitar. Finalmente, Andrea recibe unha visita do pasado que fará que todo poida cambiar.[5]

Repartimento e personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxes principais
Intérpretes Personaxes Episodios
David Solans Dani 6 episodios
Begoña Vargas Andrea 6 episodios
Guillermo Campra DJ Lu 6 episodios
Júlia Creus Katy 6 episodios
Guillermo Lasheras Andy 6 episodios
Marina Castro María 6 episodios
Jasmine Roldan Sarah 6 episodios
Personaxes secundarios
Actores Personaxes Episodios
Elena Serrano Carol 6 episodios
Elena Marín Carol 6 episodios
Víctor Rebull Guillem 5 episodios
Soribah Ceesay Amigo Guillem 4 episodios
Claudia Trujillo Moza festa 3 episodios
José Barón Cristóbal 2 episodios
Clara Griffiths Vero 2 episodios[1]

Produción[editar | editar a fonte]

Os seis capítulos da miniserie Boca Norte foi rodada en xullo de 2018 na capital catalá.[6][1] A súa narrativa transmedia permite ao público ver as contas dos personaxes en redes sociais e coñecelos a fondo.[1][2] Amais, cada capítulo inclúe unha canción reivindicativa dunha cantante de trap, como son Fusa Nocta, D’ Valentina, Blondie ou La Fanny.[3][4]

O 23 de decembro de 2018, durante o festival MiM Series no cine Verdi de Barcelona, estreouse a décimo terceira serie para a plataforma Playz de RTVE coa proxección dos dous primeiros capítulos.[7][8] Tempo despois, Playz decidiu lanza algunhas das súas series con máis éxito en formato longametraxe, entre elas, Boca Norte. Dese xeito, a plataforma busca que esas historias se poidan ver dunha forma distinta.[9][10]

Equipo técnico
Produción executiva RTVE Eugenio Saavedra, Carlos Mochales, Agustín Alonso
Dirección de Contidos Playz Alberto Fernández
Produción executiva Lavinia Rubén Mayoral
Dirección Lavinia Audiovisual Jordi Ferrerons
Dirección Dani de la Orden e Elena Trapé
Idea orixinal e coordinación de contidos Eva Mor
Guión Miguel Ibáñez e Eva Baeza
Dirección produción Elisabet Sánchez
Xefe de produción Albert Molins
Dirección de fotografía Miquel Rubis
Dirección de arte Albert Ubach
Xefe de son Xavi Saucedo
Xefe de vestiario Vicente Campillo
Maquillaxe/ Perrucaría Elisa Alonso
Dirección de elenco Luci Lenox
Efectos gráficos e especiais Bernat Fontanals
Montaxe Oriol Pérez
Sintonía Joan Vila
Foto fixa César Gorriz
Produción transmedia Alberto Jiménez e Lola Carrasco
Coreografía Bea Villabol[1][3]

Crítica[editar | editar a fonte]

Segundo Watmag, medio especializado en contidos dixitais, é unha serie que debe verse debido a cinco factores: a música urbana e o seu fío condutor, a diversidade sen prexuízos, o realismo tras os diálogos, o feminismo e os problemas xuvenís.[4] Por outra banda, Fuera de Series, páxina dedicada ás críticas, afirma que é unha serie que achega máis ao espectador a realidade das personalidades dos mozos en comparación ás series populares xuvenís emitidas anteriormente.[6]

Premios[editar | editar a fonte]

Boca Norte foi premiada en 2019 co Premio Ondas ao mellor contido ou plataforma de emisión dixital na 66ª edición dos recoñecementos outorgados pola Cadena SER.[11][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Lavinia Audiovisual produce con RTVE ‘Boca Norte’, la nueva webserie de PLAYZ". Lavinia Comunica (en castelán). agosto-setembro 2018. Consultado o 15 de agosto de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Boca Norte. Serie TV". FormulaTV (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Boca Norte Serie - PLAY Series". ABC. 12 de novembro de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Sierra, Irene (21 de xaneiro de 2019). "Así es 'Boca Norte': la serie de Playz que te ayudará a superar el final de 'Élite' a través del trap". WATmag. Consultado o 15 de agosto de 2022. 
  5. "Serie Boca Norte - Web Oficial". Playz (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  6. 6,0 6,1 Such, Marina (24 de xaneiro de 2019). "‘Boca Norte’ es un nuevo ejemplo de que lo juvenil está en internet". Fuera de Series (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2022. 
  7. Rivera, Antonio (27 de febreiro de 2019). "‘Boca Norte’ se desinfla en Playz (pero su peinado sigue divino)". La Verdad (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  8. Álvarez, Inés (24 de xaneiro de 2019). "'Boca Norte', la nueva serie de Playz, baila a ritmo de trap". El Periódico (en castelán) (Barcelona). Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  9. Suria, Rosa (8 de xullo de 2020). "Playz transforma sus ficciones de éxito en películas". Mew Magazine (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2022. 
  10. "Boca Norte (Miniserie de TV) (2019)". 
  11. "La serie “Boca Norte” se alzó con un Premio Ondas". Señal News (en castelán). 31 de outubro de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  12. "Premio Ondas al mejor contenido digital para 'Boca Norte'". Lavinia Comunica (en castelán). outubro de 2019. Consultado o 15 de agosto de 2022. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]