Saltar ao contido

Bluey (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bluey

Editar o valor en Wikidata
FormatoAnimación
Creado porJoe Brumm
Dirixido por
  • Richard Jeffery (animación)
  • Joe Brumm (serie)
Intérpretes
País de orixeAustralia Australia
Lingua(s)Inglés
Temporadas3
Episodios154
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
  • Charlie Aspinwall
  • Daley Pearson
  • Michael Carrington (ABC)
  • Henrietta Hurford-Jones (BBC)
Duración7 minutos
DistribuidorBBC Studios
Emisión orixinal
Canle de orixeABC Kids
Primeiro episodio1 de outubro de 2018
Na rede
https://www.bluey.tv/
IMDB: tt7678620 Filmaffinity: 736776 Rottentomatoes: tv/bluey Allmovie: vm11055350295
Twitter: OfficialBlueyTV Youtube: UCVzLLZkDuFGAE2BGdBuBNBg Musicbrainz: 3ed3d097-2139-4209-b231-81987f9d9767 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Bluey é unha serie de televisión australiana de animación infantil que se estreou a través da canle ABC Kids o 1 de outubro de 2018. A serie creouna Joe Brumm e prodúcea a empresa Ludo Studio con sede en Queensland. Foi encargada pola Australian Broadcasting Corporation e British Broadcasting Corporation, con BBC Studios como posuidor dos dereitos de distribución e mercadotecnia. A serie estreouse a través de Disney Junior nos Estados Unidos de América e a través de Disney+ internacionalmente.

O programa conta a historia de Bluey, unha cadeliña "Blue Heeler" antropomórfica de seis anos que se caracteriza pola súa enerxía, imaxinación e curiosidade polo mundo. Vive co seu pai, Bandit, coa súa nai, Chilli, e a súa irmá máis nova, Bingo, quen se une regularmente a Bluey nas aventuras mentres a parella se embarca en xogos imaxinativos xuntos. Outros personaxes que aparecen representan diferentes razas de can. Os temas xerais da serie inclúen o foco na familia, o crecemento e a cultura australiana. O programa foi creado e prodúcese en Queensland; a súa capital, Brisbane, inspirou os escenarios da serie.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Os personaxes infantís de Bluey son interpretados por nenos do equipo de produción do programa e non se acreditan como intérpretes de voz.[1][2]

Principais

[editar | editar a fonte]
  • Bluey, unha cadela de seis anos (despois sete anos)[3] da raza pastor australiano azul (tamén coñecida como "Blue Heeler". Ela é curiosa e enérxica.
  • Bingo Heeler, a irmá máis nova de Bluey de catro anos de idade (despois cinco anos)[4] un pastor australiano vermello.
  • Bandit Heeler / Papá (voz de David McCormack),[5] o pai pastor azul de Bluey e Bingo que é un arqueólogo.[2]
  • Chilli Heeler / Mamá (voz de Melanie Zanetti),[6] a nai pastor vermello de Bluey e Bingo que traballa a medio tempo na seguridade do aeroporto.[2]
  • Muffin: curmá máis vella de moito xenio, filla do matrimonio Stripe (irmán de Bandit) e Trixie.
  • Socks: irma máis nova de Muffin, nas primeiras dúas tempadas ó ser moi pequena andaba sobre catro patas e ladraba aínda que na terceira tempada xa fala.

Secundarios

[editar | editar a fonte]
  • Judo: é a veciña de Bluey e Bingo, trátase dunha cadela da raza Chow-Chow que é filla única e ten un carácter dominante.

Produción

[editar | editar a fonte]

Concepción

[editar | editar a fonte]

A necesidade de contar as aventuras desta familia xurdiulle ó autor a partir da súa propia experiencia ó criar dúas fillas. Logo de traballar no Reino Unido durante unha década, Joe Brumm volveu a Australia decido a reflectir nun programa de animación a súa experiencia, reflexionando sobre ser pai no século XXI, tomando a filosofía da crianza positiva, estabelecendo un equilibrio entre facerte respectar e dedicarlle tempo para o xogo.[7]

Debido a que os nacementos das súas fillas foron moi seguidos, durante unha boa tempada estivo atado a ver deseguido programas infantís que o horrorizaban. Na súa opinión, aqueles debuxos non reflectían o que el estaba a vivir coas súas fillas, así que decidiu contalo el mesmo.[7] Así naceu o primeiro piloto, que tiña a intención de facer un programa que gustase tanto a pequenos como ós pais e puidesen desfrutalo xuntos. Este concepto botou atrás potenciais estudos de animación, non sendo así o caso de Ludo Studios, con que fixo o primeiro capítulo de sete minutos e que presentaron na Cume Asiática de Animación. O recibimento foi tan bo que pronto espertou o interese das distribuidoras, entre as que destacou Disney.[8]

  1. Knox, David (4 de setembro de 2018). "Airdate: Bluey". TV Tonight. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2019. Consultado o 19 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Reiha, Amy (4 de setembro de 2018). "Bluey set to nuzzle her way into the hearts of Aussie preschoolers this October". ABC TV Publicity. Australian Broadcasting Corporation. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2019. Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  3. Writer: Joe Brumm (1 de decembro de 2021). "Pass the Parcel". Bluey. Tempada 3. ABC Kids. 
  4. Writer: Joe Brumm (1 de decembro de 2021). "Chest". Bluey. Tempada 3. ABC Kids. 
  5. Stafford, Andrew (16 de maio de 2019). "Custard's Dave McCormack on voicing Bluey's dad: 'I'm popular at school drop-off time'". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2019. Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  6. "Bluey, the hit Australian children's cartoon, is set to go global – but only with Aussie accents intact". ABC News. Australian Broadcasting Corporation. 9 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2019. Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  7. 7,0 7,1 Urzaiz, Begoña Gómez (2022-12-05). "Más raro que un perro azul: así es ‘Bluey’, la serie de dibujos australiana que bate récords en Disney+". El País (en castelán). Consultado o 2023-02-27. 
  8. "Bluey, la serie de apariencia infantil que engancha a los adultos". ELMUNDO (en castelán). 2022-07-13. Consultado o 2023-02-27.