Blackburn First Monoplane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blackburn First Monoplane
Tipoavión experimental
FabricanteRobert Blackburn
Primeiro voo24 de maio de 1910
Unidades construídas1

O Blackburn First Monoplane (tamén coñecido como Monoplane No 1) foi un avión experimental británico construído por Robert Blackburn en 1909.

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O First Monoplane era un monoplano de ás alt,a de tan só 7,31 m de envergadura, co motor e o asento do piloto situados nunha plataforma de tres rodas. Unha cola cruciforme situábase sobre unha pluma descuberta que se estendía dende a á. A hélice de 2,59 m estaba montada xusto debaixo do bordo de ataque da á e estaba movida por unha cadea unida ao motor Green de 35 cabalos que estaba debaixo, xusto diante do piloto.[1]

Deseñado durante unha estancia en París, a construción comezou nas instalacións de enxeñería de Thomas Green & Sons en Leeds, onde o pai de Blackburn era director xeral, trasladándose posteriormente a un taller nunha pequena fábrica de roupa. Cando estivo completo foi transportado á praia entre Saltburn e Marske para ser probado a partir de abril de 1909.[1] Nese ano só realizou probas de rodaxe cun salto ocasional. O único voo, o día 24 de maio de 1910, durou ao redor dun minuto e rematou nun accidente no cal o avión quedou danado sen posibilidade de arranxo. Blackburn posterior recordou o inncidente do seguinte xeito:

Despois de correr polos areais ao que parecía unha velocidade vertixinosa, a máquina certamente engalou e despois comezou unha serie de tambaleos debido ao desvío da liña recta e ao baixo centro de gravidade que me temo que se fixo cargo.... Probablemente estiven só un minuto no aire, pero parecéronme anos cando finalmente me recuperei e mirei os restos. Así rematou o meu primeiro intento de voo, sen máis danos persoais que contusións e cortes, pero con restos de meses de traballo laborioso totalmente esnaquizados.[2]

Superviventes[editar | editar a fonte]

O único exemplar foi destruído pero unha réplica da aeronave foi construída por membros do Brough Heritage Group[3] e atópase exposta no Brough Heritage Centre.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Blackburn First Monoplane". BAE Systems. Consultado o 2024-04-13. 
  2. Blackburn, Robert (14-21 de agosto de 2004). "Pioneer of the Aviation World". Yorkshire Post
  3. "Blackburn Aircraft Company". web.archive.org. Archived from the original on 02 de outubro de 2007. Consultado o 2024-04-18.