Bidé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bidé do século XVIII en uso

Un bidé é un elemento sanitario destinado ao lavado íntimo dos xenitais e do ano. Pode servir tamén para lavar outras partes do corpo humano, como os pés ou os cabelos.

A pesar da súa semellanza co retrete, a súa función é máis próxima á dunha cunca ou dunha bañeira. É práctico para lavar un bebé ou para axudar a que as persoas con mobilidade reducida manteñan unha hixiene corpórea adecuada. Quen non teñen costume de usar o bidé confúndenno a miúdo cun urinario ou mesmo cunha fonte de auga. O bidé adoita utilizarse sentando enriba, de costas ou de fronte á billa.

Os máis antigos modelos de bidés eran mobles inamovíbeis, conformados polo xeral por unha cubeta de porcelana dentro dun moble de madeira provisto de catro pés e cunha tapadeira tamén de madeira. Hoxe en día fabrícanse de porcelana ou de esmalte. Están equipados cunha billa mesturadora para enchelos de auga e un sistema de drenaxe para baleiralos. A billa debe estar orientada de xeito que proxecte un chorro de auga dirixido directamente cara aos xenitais.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]