Berta de Borgoña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 964 valor descoñecido |
Morte | 1010 (>16 de xaneiro de 1010) (45/46 anos) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Condesa Raíña consorte de Francia |
Familia | Rodolphiens |
Cónxuxe | Roberto II de Francia (996 (Gregoriano)–999), repudio Odón I de Blois (983 (Gregoriano)–995), morte do cónxuxe |
Fillos | Agnes de Blois () Odón I de Blois Teobaldo II de Blois () Odón I de Blois Odón II de Blois () Odón I de Blois |
Pais | Conrado III de Borgoña e Matilde de Francia |
Irmáns | Rodolfo III de Borgoña Xisela de Borgoña Xerberga of Borgoña Burchard II de Lión |
Descrito pola fonte | A Cyclopaedia of Female Biography |
Berta de Borgoña nada no 964 e finada no ano 1010 no Castelo Valperga. Foi unha princesa de Borgoña e Raíña consorte de Francia (997-1003).
Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Bera foi filla do conde palatino Conrado I de Borgoña e da súa dona Matilde de Francia. Era neta por liña paterna do conde palatino Rodolfo II de Borgoña e Berta de Suabia, e por liña materna do rei Lois IV de Francia e Xerberga de Saxonia.
Nupcias e descendentes
[editar | editar a fonte]Casou, en primeiras nupcias, co conde Eudes I de Blois. Deste matrimonio naceron:
- Teobaldo II de Blois (?-1004), conde de Blois
- Eudes II de Blois (983-1037), conde de Blois
- Terry de Blois (?-996)
- Agnès de Blois
- Berta de Blois
No 997 casou co rei Roberto II de Francia, quen repudiou a súa primeira esposa Susana de Italia.
Excomuñón de Roberto II
[editar | editar a fonte]Roberto II namorouse de Berta tan só vela e converteuna na súa amante. No ano 995, tras a morte de Eudes I de Blois, Roberto II quixo casar con ela, mais a oposición de Hugo Capeto, quen invocaba o gran grao de parentesco entre os dous namorados, provocou que non puidesen casar ata a morte deste.
Por aquel matrimonio o Papa Gregorio V excomungou ao rei francés. Vindo a esterilidade da súa nova esposa (en 999 Berta dera a luz a un fillo morto, quedando ao parecer incapacitada para concibir de novo), e sendo un gran crente e devoto da Igrexa católica, repudiou a Berta e casou de novo con Constanza de Arles para asegurara descendencia.
O Papa Silvestre II anulou o matrimonio de Berta e Roberto II, o que permitiu levantar a excomuñón que pesaba sobre o rei francés.
Unha vez asegurada a sucesión, Roberto II e Berta de Borgoña intentaron conseguir a anulación do novo matrimonio do rei francés, para manter a súa relación amorosa, mais non o conseguiron.
No exilio, Berta casou co rei de Italia Arduino de Ivrea, co que tivo tres fillos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Berta de Borgoña |
Predecesor: Susana de Italia |
Raíña consorte de Francia 996-1000 |
Sucesor: Constanza de Arlés |