Bert Karlsson
![]() (2007) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Bert Willis Karlsson ![]() 21 de xuño de 1945 ![]() Vads, Suecia ![]() |
![]() | |
30 de setembro de 1991 – 3 de outubro de 1994 (disolución do parlamento) Lexislatura: lexislatura 1991-1994 do Parlamento de Suecia Circunscrición electoral: Constituency of the county of Östergötland (en) ![]() Electo en: eleccións xerais de Suecia de 1991 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión, conferenciante, autor, editor, emprendedor, produtor musical, compositor, político, executivo dunha discográfica ![]() |
Partido político | Nova Democracia (1991–1994) ![]() |
Descrito pola fonte | Unicameral Riksdag 1971-1993/94 (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Bert Willis Karlsson, nado o 21 de xuño de 1945 en Skövde, é un empresario discográfica, político e personalidade da televisión sueco, foi unha figura prominente do partido Nova Democracia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como propietario e director da discográfica Mariann Grammofon AB, fundada en 1972[1], Karlsson foi unha cara familiar para o público sueco como a persoa que estaba por tras da famosa cantante Carola Häggkvist. En 1984 fundou o parque temático Skara Sommarland.
En 1991 estableceu con Ian Wachtmeister o partido populista Nova Democracia, que logrou a atención dos medios de comunicación máis importantes e nas eleccións lexislativas de setembro o partido recibiu 6'7 por cento dos votos. Sen experiencia política anterior, Karlsson entrou no Riksdag.
Ao desaparecer Nova Democracia por mor das loitas internas e a perdeu da súa representación parlamentaria nas eleccións de 1994, Karlsson volveu aos negocios. Entre 2002 e 2005 artellou o programa de telerrealidade Fame Factory e foi xuíz nas primeiras cinco temporadas (2007-2011) do programa "Talang" de TV4, a versión sueca de America's Got Talent. En 2008 mantiña e operaba 13 empresas, entre elas Jokarjo AB e Budgetgrossisten AB.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bert Karlsson en P1 Sverigesradio
- ↑ "De kan skratta för miljoner". Expressen. 24 de xuño 2008. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2010. Consultado o 10 de setembro de 2016.