Benito Víctor Fraga García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX valor descoñecido |
Morte | decembro de 1924 Noia, España |
Alcalde de Noia | |
xaneiro de 1911 – 1913 ← Severo González Botana – Genaro Blanco Roo → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Benito Víctor Fraga García, finado en Noia en decembro de 1924,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleiro en Noia dende 1902. Foi nomeado xuíz municipal en xuño de 1905, permanecendo no cargo ata 1907. Alcalde substituto de Severo González Botana logo do levantamento de 1910 e candidato á alcaldía xunto con Luís Vidal e Genaro Blanco nas eleccións de 1911. Foi nomeado alcalde por Real Orde en xaneiro de 1911.[2] Deixou a alcaldía en 1913, logo de non ser elixido concelleiro. Foi despois secretario municipal ata 1924. Coa ditadura de Primo de Rivera foi detido, pero liberado aos poucos días debido á falta de probas, reintegrándose ao seu cargo de secretario. Foi cesado pola nova corporación nomeada en xaneiro de 1924.
Predecesor: Severo González Botana |
Alcalde de Noia 1911 - 1913 |
Sucesor: Genaro Blanco Roo |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Emilia Vidal Barreiro, filla de Venancio Vidal Reino.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ferrández Pérez, Daniela (2019). Nuevos y viejos actores: clientelismo político y poder local en perspectiva comparada (1905-1936) (PDF) (Tese) (en español). USC. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de maio de 2021.