Saltar ao contido

BenQ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BenQ


Tiponegocio e empresa Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicasociedade por accións Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
MatrizQisda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaindustria eléctrica Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación21 de abril de 1984 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísTaiwán Editar o valor en Wikidata
SedeTaipei Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBbenq.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: BenQNorthAmerica Twitter: benqeurope Instagram: benqcreative LinkedIn: benq-technology-iberia Youtube: UCoYgqzl-NIdc3PwDsfH9XmA Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

BenQ Corporation é unha empresa líder en dispositivos dixitais (cámaras, pantallas etc.) que está asentada en Taiwán. Ten experiencia nas 3 C (Computación, Comunicacións e Consumo electrónico.)

O nome reflicte o seu lema ou visión corporativa: Bringing Enjoyment and Quality to life (algo así como "Conseguir desfrutar da vida").

A compañía foi establecida no 1984, pero foi coñecida antes coma Acer CM (Communications and Multimedia) e renomeada en decembro de 2001 co nome actual.

BenQ fabrica produtos de alta tecnoloxía, incluíndo a comunicación e produtos relaccionados cos ordenadores persoais. Entre os seus principais produtos están monitores LCD/TFT, televisións de plasma, escáneres e impresoras, cámaras dixitais, proxectores, gravadoras de CD/DVD, portátiles, teclados e ratos, reprodutores de música e teléfonos móbiles.

A sede central sitúase en Taoyuan, Taiwán, pero a compañía opera en todo o mundo.

O 1 de outubro de 2005, BenQ adquire a división de dispositivos móbiles de Siemens en Alemaña, creando así a 6ª compañía da industria da telefonía móbil máis importante por cota de mercado acumulado. Desta adquisición sae un novo grupo, BenQ Mobile, de BenQ Corporation dedicada enteiramente as comunicacións sen fíos.

BenQ Corporation é unha parte de BenQ Group, a cal está incluída en AU Optronic.