Belvís, rede socioeducativa
URL | http://belvis.as-pg.com |
---|---|
Tipo de sitio | Servizos de rede social |
Fins | Educativos |
Rexistro | Requirido |
Lanzamento | Setembro de 2011 |
Estado actual | Activo |
Belvís, rede socioeducativa, é a denominación dunha rede social posta en marcha pola AS-PG co obxectivo de ofrecer ao profesorado galego e ás familias espazos de intercambio de opinións e traballo colaborativo en galego afondando na posibilidade de converter as redes sociais en canles de comunicación entre escola, sociedade e familia para, deste xeito, contribuír a crear unha institución aberta, actualizada e partícipe das características da sociedade e os seus problemas.
Historia
[editar | editar a fonte]Belvís comezou a xestarse en abril de 2011, no contexto das Xornadas de Lingua e Literatura e naceu coa pretensión de aproveitar os vínculos que xera o uso de redes sociais para fortalecer a interacción entre as institucións educativas e o resto de axentes sociais e así poder ofrecer unha axuda ao alumnado para coñecer as oportunidades do mundo laboral, educativo, de lecer e a desenvolver destrezas para tomar decisións de cara a organizar a propia vida profesional. Presentouse publicamente o 29 de setembro, nas XXXV Xornadas de Verán da Coruña. Está programada en Elgg e leva integrado un AVE (ambiente virtual de aprendizaxe) baseado en Moodle.