Becila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBecila
Biografía
Morte589 Editar o valor em Wikidata
Bispo diocese de Lugo

← NitixioVasconio → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónArianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor em Wikidata

Becila foi un eclesiástico hispano-visigodo, bispo ariano de Lugo a finais do século VI.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 585 o rei visigodo Leovixildo conquistou o reino suevo, impoñendo o arianismo como relixión oficial; o arcebispo católico de Lugo Nitixio foi desterrado, e Becila foi nomeado bispo no seu lugar. Simultaneamente a dioceses, que desde o concilio de Braga[1] do ano 572 era metropolitana, perdeu esta condición para volver a ser sufragánea da de Braga.

No 589, xa baixo o reinado de Recaredo, celebrouse o Terceiro Concilio de Toledo no que decretouse o catolicismo como única relixión en todo o reino visigodo e restituíuse nas súas respectivas sés aos bispos católicos desterrados por Leovixildo. Becila foi un dos bispos que neste concilio abxuraron do arianismo; suponse que trala súa conversión a diocese de Lugo quedoulle reservada para serlle entregada á morte do xa ancián Nitixio, como ocorreu noutros casos similares. Porén, non hai constancia de que isto se levase a cabo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. de la Huerta y Vega, Francisco Xavier (1733). Anales del reyno de Galicia. 
  2. Manuel Risco: España sagrada, vol. XL, pp 76-78 (1796).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]