Batalla do río Halis
A batalla do río Halis, tamén coñecida como a batalla de Halis ou batalla do río Halys, foi librada no 82 a.C. e enfrontou as forzas da República Romana contra as do Reino do Ponto no contexto da Segunda guerra mitridática.
Historia
[editar | editar a fonte]No transcurso da súa campaña contra Mitrídates VI do Ponto, no 83 a. C., o xeneral romano Lucio Licinio Murena, comandante do exército romano en Asia, invadiu o Ponto desde Capadocia e saqueou Komany. Mitrídates envioulle mensaxeiros cun recordatorio da violación da paz, pero el rexeitounos. Ao ano seguinte, os romanos invadiron Galacia, saquearon 400 aldeas e regresaron con moito botín. Mitrídates enviou unha embaixada a Roma, desde a que se enviou un representante coa prohibición de que Murena loitara contra Mitrídates. A pesar diso, Murena ignorou as ordes recibidas e volveu pórse en campaña ao mando de dúas lexións (as coñecidas como "Fimbrias") e acabou provocando a Segunda guerra mitridática.
Entón Mitrídates enviou un exército baixo o mando do xeneral Gordio que atopou ao romanos no río Halis. Mentres o propio Gordio agardaba a chegada de Mitrídates, Murena tentou atravesar o Halis, ao outro lado do cal estaba o exército póntico, pero foi derrotado e retirouse a un campamento fortificado nunha beira alta. Máis, aos poucos, Mitrídates chegou á fronte do principal exército póntico, para atacar os mal preparados romanos, e lograron forza-lo cruzamento do río e conseguiron que os romanos se retirasen deixando atrás o seu campamento que foi capturado mentre o exército romano fuxía a Frixia.
Consecuencia
[editar | editar a fonte]Como resultado desta vitoria, a autoridade do rei incrementouse e, el mesmo , volveu ocupar Capadocia. No 81 a.C., o propio Lucio Cornelio Sila restaurou a paz entre Roma e o Reino do Ponto baixo os termos da Paz de Dárdanos do 85 a.C.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jacques (2007), p. 429.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jaques, Tony, ed. (2006). Dictionary of battles and sieges: a guide to 8500 battles from antiquity through the twenty-first century (Vol. 2: F–O) (en inglés). Westport, Conn: Greenwood Press. ISBN 9780313335365.