A batalla do encoro de Chosin, tamén coñecida como a campaña do lago de Changjin (en chinés: 长 津 湖 战役, pinyin: Cháng Jīn Hú Zhànyì), foi unha batalla decisiva da guerra de Corea.[nota 2] Pouco despois de que a República Popular da China entrase no conflito, o Noveno Exército Popular de Voluntarios (EPV) chineses penetrou no nordés de Corea do Norte e sorprendeu ao corpo X de marines dos Estados Unidos de América. na área do encoro de Chosin.[nota 3] Ao pouco librouse unha brutal batalla de 17 días con temperaturas baixo cero. No período comprendido entre o 27 de novembro e 13 de decembro de 1950, os 30 000 soldados das Nacións Unidas (EE. UU. e os seus aliados), baixo o mando do xeneral maior Edward Almond, foron rodeados por uns 67 000 soldados chineses ao mando de Song Shi-Lun.[2][4] Aínda que as tropas chinesas eran superiores en número, as forzas da ONU conseguiron romper o cerco e retirarse, inflixindo grandes perdas no bando chinés. A evacuación das tropas estadounidenses polo porto de Hungnam supuxo a retirada total e definitiva das tropas da ONU de Corea do Norte.
↑A 1ª división de marines reportou 604 mortos, 114 mortos por ferida, 192 desaparecidos, 3485 feridos e 7338 baixas fora de combate. Porén, o corpo X de EE. UU. discrepa no número con só 393 mortos, 2152 feridos e 76 desaparecidos para a 1ª división de marines. Esta cifra se calcula engadindo as baixas da 1ª división nas baixas totais reportadas polo corpo X. Véxase Appleman 1990, pp. 345-347 e Montross & Canzona 1992, pp. 381-382.
↑A fontes oficiais chinesas se refiren á batalla como campaña de segunda fase no sector oriental (第二次战役东线).
↑Na nomenclatura militar chinesa, o termo "exército" (军) significa corpo, mentres que o termo "grupo de exército" (集团军) significa exército.
Appleman, Roy (1990). Escaping the Trap: The US Army X Corps in Northeast Korea, 195014. College Station, Texas: Texas A&M University Military History Series. ISBN1400169356.