Batalla de Jemmingen
.
A batalla de Jemmingen, librada o 21 de xullo de 1568 no marco da guerra dos Oitenta Anos foi unha vitoria total do exército español comandado polo duque de Alba na que destruíu por completo ao exército das Provincias Unidas comandado por Luís de Nassau.
Campaña
[editar | editar a fonte]Trala batalla de Heiligerlee, Luís de Nassau intenta tomar a cidade de Groninga, pero o duque de Alba obrígalle a retirarse mediante unha serie de escaramuzas sen arriscarse a presentar batalla xa que unha derrota poñería todos os Países Baixos a mercé das forzas dos rebeldes holandeses. Luís de Nassau comete o erro de encerrarse nunha península entre os ríos Ems e Dollar onde o duque de Alba decidirá presentarlle batalla.
A batalla
[editar | editar a fonte]Debido ó estreitamento do campo de batalla, o duque de Alba envía por diante a varios centos de arcabuceiros e mosqueteiros que entablan escaramuzas co exército holandés e forma ao resto do exército en cadros un tras outro.
O duque envía a cincocentos arcabuceiros máis por diante e Luís de Orange crendo que aínda non chegou o groso do exército español lanza a todo o seu exército contra estes, pero son rexeitados polo lume de arcabuceros e mosqueteros. Nese momento o duque lanza ao seu exército ao asalto facendo fuxir ao exército rebelde. Os españois perseguen durante dous días ao longo de máis de 15 quilómetros aos fugitivos do exército de Luís de Nassau que perde máis de sete mil homes.
Resultado
[editar | editar a fonte]O exército de Luís quedou totalmente destruído e este tivo que refuxiarse en Alemaña, deixando ao duque de Alba coas mans libres para dirixirse contra o exército do seu irmán Guillerme de Orange ao que tamén vencería uns meses despois na batalla de Jodoigne.