Basket Brescia Leonessa
Basket Brescia | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Basket Brescia Leonessa |
Liga | LBA |
Fundación | 2009 |
Cores | Branco Azul, |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Patrocinador | Germani Trasporti |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | PalaGeorge |
Capacidade | 5.500 |
Inauguración | 1993 |
basketbrescialeonessa.it |
O Basket Brescia Leonessa, actualmente coñecido como Germani Basket Brescia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Brescia, Lombardía. O Basket Brescia foi fundado en 2009 e, desde a temporada 2016−17, compite Serie A, máxima categoría do baloncesto transalpino. O equipo conseguiu o ascenso á máxima categoría despois de vencer no quinto partido do play-off final ao Fortitudo Bologna.
Historia[editar | editar a fonte]
O Basket Brescia Leonessa nace un 2 de xullo de 2009, comezando a competir na Serie A Dilettanti, terceira categoría do baloncesto italiano, grazas á compra dos dereitos deportivos da Juvi Cremona Basket, a cal se fusionaría co Vanoli Cremona, levando de volta ao baloncesto á cidade lombarda despois de trece anos de ausencia.[1] O primeiro director xeral do club foi Ario Costa. Na súa primeira temporada na competición, o club finaliza na quinta posición do seu grupo, sendo eliminado da primeira rolda dos play-offs de ascenso.
Ao ano seguinte, o Brescia finaliza na segunda posición do seu grupo, conseguindo, esta vez si, o éxito procurado. Tras permanecer durante catro anos na segunda categoría, na temporada 2015−16 o club consegue ao ascenso á Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, tras derrotar no quinto partido do play-off final ao histórico Fortitudo Bologna.
Patrocinadores[editar | editar a fonte]
Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Basket Brescia Leonessa (2009−2011)
- Centrale del Latte Brescia (2011−2016)
- Germani Basket Brescia (2016−)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Bernardini, Roberto (29 de xuño de 2009). "Dopo ben 13 anni Brescia ritrova il basket che conta". Pineta Basket.