Pallacanestro Brescia
| Germani Brescia | |
| Información xeral | |
|---|---|
| Nome | Pallacanestro Brescia |
| Liga | LBA |
| Fundación | 2009 |
| Historia | Basket Brescia (1957–1996) Basket Brescia 2005 (2005–2009) B. Brescia Leonessa (2009–2020) |
| Cores | Branco, azul |
| Presidente | |
| Adestrador | |
| Patrocinador | Germani Trasporti |
| Localización | |
| Cidade | |
| Pavillón | PalaLeonessa |
| Capacidade | 5 200 |
| Inauguración | 21 de maio de 1967 |
| basketbrescialeonessa.it | |
O Pallacanestro Brescia, actualmente coñecido como Germani Brescia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Brescia, Lombardía. O Basket Brescia foi fundado en 2009 e, desde a temporada 2016−17, compite na LBA, máxima categoría do baloncesto transalpino. O equipo conseguiu o ascenso á máxima categoría despois de vencer no quinto partido do play-off final ao Fortitudo Bologna.
Historia
[editar | editar a fonte]O Basket Brescia Leonessa nace un 2 de xullo de 2009, comezando a competir na Serie A Dilettanti, terceira categoría do baloncesto italiano, grazas á compra dos dereitos deportivos da Juvi Cremona Basket, a cal se fusionaría co Vanoli Cremona, levando de volta ao baloncesto á cidade lombarda despois de trece anos de ausencia.[1] O primeiro director xeral do club foi Ario Costa. Na súa primeira temporada na competición, o club finaliza na quinta posición do seu grupo, sendo eliminado da primeira rolda dos play-offs de ascenso.
Ao ano seguinte, o Brescia finaliza na segunda posición do seu grupo, conseguindo, esta vez si, o éxito procurado. Tras permanecer durante catro anos na segunda categoría, na temporada 2015−16 o club consegue ao ascenso á Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, tras derrotar no quinto partido do play-off final ao histórico Fortitudo Bologna.
Patrocinadores
[editar | editar a fonte]Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Basket Brescia Leonessa (2009−2011)
- Centrale del Latte Brescia (2011−2016)
- Germani Basket Brescia (2016−presente)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bernardini, Roberto (29 de xuño de 2009). "Dopo ben 13 anni Brescia ritrova il basket che conta". Pineta Basket.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 24 de xuño de 2017 en Wayback Machine.