Basilisco (emperador)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Basilisco, Emperador»)
Basilisco
Nacementoséculo V
Lugar de nacementoCapadocia
Falecemento476
Lugar de falecementoCapadocia
Causainanición
NacionalidadeImperio Bizantino
RelixiónCristianismo ortodoxo
Ocupaciónpolítico e militar
Paifather of Basiliscus
CónxuxeÉlia Zenonis
FillosMarcos
IrmánsAélia Verina
editar datos en Wikidata ]

Basiliscus, morto en 466 ou 477, foi emperador romano de Oriente entre o 475 e o 476.

Basilisco é o irmán de Verina, muller do emperador León I que morre en 474. Primeiro noméano xeneral en Tracia, despois confíaselle en 468 o mando dunha frota dirixida contra os vándalos de África de Xenserico, autores do saqueo de Roma de 455. Sofre unha derrota desastrosa na que a súa frota fica decimada.

Á morte de León II, Basilisco aproveita a impopularidade do novo emperador e obtén o apoio dun xeneral chamado Ilo, grazas ao cal vence a Zenón I en 475. Pero tamén el se volve impopular, especialmente polas súas conviccións monofisitas, e tras menos de dous anos de reinado, Basilisco é vencido á súa vez por Zenón e Ilo en 476, tras mudar este último de opinión. Capturado e encerrado nunha torre en Capadocia, morreu de fame nela en 477.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Imperio Romano

Segue a:
Zenón (emperador)
Basilisco (emperador)
Precede a:
Zenón (emperador)
dinastía de León