Basilio Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) O Barco de Valdeorras, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Medicina |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Narrativa |
Lingua | Lingua castelá |
Basilio Cobo Rodríguez, coñecido como Básico Rodríguez[1], nado no Barco de Valdeorras en 1956, é un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Medicina en Santiago de Compostela, entre 1974 e 1980. Exerceu de médico rural en Sober. Actualmente vive en Lugo. É tamén editor de A Gracia-Veniais Edicións.
Foi finalista nos Premios Xerais do 2007 con Un sábado longo, polifonía dunha trasnada.
Obras
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- A Transfusión, 2003, A Gracia Veniais.
- O culto oculto, 2008, A Gracia Veniais.
- Quen a matou? Baubo Pubiclub: crónica-Impunidade V, 2011, A Gracia Veniais.
Traducións
[editar | editar a fonte]- A arte de peidear, de Pierre-Thomas-Nicolas Hurtaut / Oración en defensa do peido (Oratio pro crepitus ventris), do Padre Martí/Letra -P- (Bibliotheca Scatologica), de Pierre Jannet, 2009. A Gracia-Veniais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑
- Basilio Rodríguez na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.