Saltar ao contido

Base Antártica Española Juan Carlos I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Livingston, onde está situada a base.
Vista da Base.

A Base Antártica Española Juan Carlos I (BAE Juan Carlos I) é unha base científica española na Antártida dependente do CSIC, está situada na península Hurd na illa Livingston, no arquipélago das Shetland do Sur a 40 metros da costa e a 12 metros de altura, na aba do Monte Raíña Sofía. A montaxe da instalación comezou o 8 de xaneiro de 1988 e o 11 de xaneiro izábase a bandeira española no que era a primeira base española na Antártida, ten unha superficie de 2150 m² e pode albergar como máximo 50 persoas. A base só permanece ocupada no verán austral, entre novembro e marzo. O apoio loxístico e de mantemento realízao desde 1991 o buque de investigación oceanográfica da armada BIO Hespérides.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]