Barbotina
Aparencia
A barbotina (do francés barbotine, barboter, onomatopea de "chapuzar") é unha pasta cerámica líquida que pode aplicarse con pincel ou cunha forma para crear decoracións en relevo sobre pezas de olaría.
A barbotina faise coa mesma arxila que o resto da peza, aínda que máis diluída. Utilízase tamén para colar na vasilla pedazos de terra aínda húmida.
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |