Barbie (videoxogo de 1991)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Barbie
Desenvolvedor(es)Imagineering
Distribuidora(s)Hi Tech Expressions[1]
Compositor(es)Mark Van Hecke
Lanzamento1991
XéneroAcción e plataformas
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Nintendo Entertainment System
MS-DOS
SerieBarbie
editar datos en Wikidata ]

Barbie é un videoxogo de plataformas desenvolvido por Imagineering para Hi Tech Expressions. Está baseado na boneca homónima de Mattel Inc. e foi creado nun intento de atraer a máis nenas a xogar ós videoxogos. Por iso, é un dos poucos videoxogos de NES especificamente orientados ás nenas.[2] A historia do xogo ten lugar nun soño no que Barbie debe viaxar a través de tres mundos diferentes (Mall, Underwater e Soda Shop) para conseguir accesorios antes de asistir a un baile para coñecer a Ken.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wilson, Mark. This Day in Gaming, December 31st. Kotaku. December 31, 2006. Accessed September 16, 2012.
  2. Slaven, Andy. Video Game Bible, 1985-2002. Vol. 1. p. 95. Trafford Publishing. 2002. ISBN 9781553697312