Saltar ao contido

Bandeira dos métis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira dos métis
Bandeira dos métis
Características
Proporción2:3
Adopción1816
Cores     Azul      Branco
Bandeira dos métis
Bandeira dos métis
Características
Proporción2:3
Adopción1815
Cores     Vermello      Branco

A bandeira dos métis é un dos símbolos do pobo métis do Canadá. Foi empregada por primeira vez polos loitadores da resistencia métis da Terra de Rupert na batalla de Seven Oaks. Segundo un único relato contemporáneo, a bandeira "foi" un agasallo da Compañía do Noroeste en 1815,[1][2][3] mais ningún outro relato sobrevivente confirma isto. Tanto a versión vermella como a azul da bandeira foron utilizadas para representar a forza política e militar dos métis dende entón.[4] A bandeira métis é anterior á bandeira do Canadá cando menos 150 anos, e é a bandeira patriótica indíxena máis antiga do Canadá.

A bandeira de fondo azul foi aceptada polo Consello Nacional Métis como bandeira oficial da nación métis. En 2013, o Consello Nacional Métis conseguiu unha marca oficial para a bandeira para protexela como símbolo da nación métis e garantir a súa propiedade colectiva polos cidadáns métis.[4]

  1. Sutherland, James. "Report or a narrative of outrages committed against The Hudson's Bay Company's Servants by the North West Company at Qu’Appelle House during winter 1815–1816.". Selkirk collection, Vol. 5 (MG19-E1, microfilm reel C-2). Thomas Douglas, 5th Earl of Selkirk. pp. 1946–47. Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  2. Narine, Shari (29 de xullo de 2020). "One Flag, Two Flags, Red Flag, Blue: Métis flag not a gift from North West Company, says historian". Windspeaker.com. Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  3. Narine, Shari (29 de xullo de 2020). "One Flag, Two Flags, Red Flag, Blue: Métis flag not a gift from North West Company, says historian". Battlefords News-Optimist. Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 "The Métis Nation Flag". Métis National Council. 21 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]