Banda de Música Municipal de Celanova
A Banda de Música Municipal de Celanova é unha banda de música do concello de Celanova, unha das bandas máis antigas de Galicia.[1][2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]Existen documentos que falan da existencia da Banda dende 1850. Manuel Chamuchín, un músico residente en Celanova, é en quen recae o traballo de coordinación dos primeiros pasos da corporación municipal, ó ser contratado como "mestre de música". Tras del virían numerosos directores que tras varias etapas darían lugar o que é hoxe a Banda de Música Municipal de Celanova.
En 1920 xurdiu a Sociedade de Amigos da Banda de Música, que aínda hoxe segue vixente baixo a presidencia de Fernando Martínez Menchón. Esta encárgase de apoiar e xestionar a Banda de Música e a Escola de Música.
Ó longo da súa historia, a banda participou en numerosas actuacións no territorio galego, así como no resto de España, Portugal e Venezuela.
Directores da banda
[editar | editar a fonte]Directores | Ano |
---|---|
Manuel Chamuchín | 1850 - 1853 |
Genaro Durán | 1853 -1855 |
Higinio Gíl | 1857 – 1861 |
Manuel Sánchez | 1863 – 1870 |
Manuel Asensio | 1870 – 1871 |
Sen actividade municipal coñecida | 1872 – 1894 |
José Sánchez ? | 1894 – 1908 |
José Sánchez | 1908 – 1920 |
Eduardo Pierrá | 1920 – 1928 |
José Pena | 1928 – 1929 |
Anastasio Hernández | 1929 – 1934 |
Luis Berney | 1934 -1940? |
Baristain | 1940 -1944? |
Faustino Pulpeiro | 1944 – 1952 |
José Fariñas | 1952 -1956? |
Jesús Vázquez | 1956 -1962? |
Antonio Domínguez | 1962 – 1966 |
Eulogio López Masid | 1966 – 1968 |
José Zaldo García | 1968 – 1973 |
Antonio Cuevas | 1973 – 1976 |
Miguel de Santiago | 1976 – 1978 |
Javier Gargallo | 1978 – 1979 |
Miguel de Santiago | 1979 – 1980 |
Alfonso Salvatierra | 1980 – 1985 |
Alejandro del Río | 1985 – 1988 |
Arsenio Alonso Araujo | 1988 – 1994 |
José Zaldo García | 1994 – 2014 |
Miguel Pérez Lorenzo | 2014 – Actualidade |
Premios
[editar | editar a fonte]A Banda Municipal de Celanova foi galardoada con numerosos premios destacando os acadados en certames musicais tan prestixiosos coma os que se celebraban en Ribadavia, Lugo, Ourense e Oviedo, onde acadou premios respectivamente nos anos 1934, 1968, 1971 e 1976. Recentemente acadou o terceiro posto no I Certame Internacional de Bandas Ciudad de Benavente celebrado en Benavente, León no 2018.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Piñeiro Feijoo, Antonio. Banda de música municipal de Celanova, século e medio de historia.
- ↑ "Banda de Música Municipal de Celanova". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2013. Consultado o 02 de xuño de 2013.
- ↑ "Federación Galega de Bandas de Música Populares". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2013. Consultado o 02 de xuño de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Piñeiro Feijoo, Antonio (1993). Banda de música municipal de Celanova, século e medio de historia. ISBN 978-84-604-8105-8.